O Camiño de Santiago é a principal fonte de inspiración para a colección de xoias Itínere. Descobre a ampla variedade de pezas realizadas con deseño de prata e esmalte a lume, en cuxa creación se representa toda a tradición dos mestres ourives que pasaron a súa técnica a través dos séculos.

Desde que os primeiros peregrinos comezasen o Camiño no século IX, desde recunchos de todo o mundo percorréronse miles de quilómetros cun obxectivo común: chegar a Santiago de Compostela e visitar a tumba do Apóstolo Santiago.

Cando os peregrinos chegaban á cidade entregábaselles unha acreditación e unha cuncha de vieira, para que a colocasen nos chapeus ou na roupa que levaban. Así non só era un sistema para diferenciar a aqueles peregrinos que xa visitaran a tumba, senón que era unha forma de honrar ao Apóstolo.

A cuncha do peregrino, que comezou como unha forma para distinguir aos camiñantes que xa visitaran Compostela, pasou a converterse nun dos símbolos do Camiño de Santiago.

Fink quixo render homenaxe ao peregrino e a todos os visitantes da cidade con esta colección, onde a cuncha de vieira convértese na gran protagonista de Itínere: pendentes, pulseiras, colgantes e mesmo xemelgos de prata de Lei con forma de cuncha. Unha maneira fantástica de levar un recordo de Santiago que perdurará cos anos.