Historia e Presente de Fink
Tras anos traballando en varios talleres de xoiería, os irmáns Enrique e Javier Fink decidiron emprender a súa propia empresa, na que poder desenvolver as súas creacións con liberdade. Así, en 1993, o pequeno taller de Fink Orfebres abría as súas portas en Santiago de Compostela. Na actualidade contamos con modernas instalacións nas que incorporamos o último en maquinaria e deseño, sempre baixo o lema co que identificamos á marca Fink: Tradición e Vangarda.
A ourivaría en Santiago de Compostela é sinónimo de tradición. A prata e o acibeche están presentes na historia compostelá, xa que dan nome a dous dos lugares máis destacados da cidade: a Praza de Praterías e a Praza de Azabachería. Ambas foron centro neurálxico onde se concentraban os talleres de ourives dedicados ao traballo de ambos os materiais.
Inspirados nas nosas raíces...
Fink Orfebres aséntase sobre o legado da tradición dos mestres ourives composteláns e o deseño contemporáneo, dando lugar a pezas que respiran aires do pasado e que camiñan cara ao futuro con aires renovados..
O noso labor é deseñar, fabricar e comercializar xoias preservando a tradición do traballo que, durante séculos, os ourives de Santiago de Compostela conservaron.
Esta tradición mantémola adaptándoa a novos deseños e tendencias do mercado. Así creamos unha ponte entre o pasado, o presente e o futuro, formando parte do importante legado que ofrece a capital galega.
Acibeche en Santiago
A historia do acibeche en Galicia ten a súa orixe nos peregrinos que chegaban a Santiago de Compostela. Os camiñantes traían consigo anacos dun material escuro e moi resistente ata Compostela, onde llo entregaban aos mestres ourives para que lles tallasen unha xoia que lles servise de recordo da experiencia. Desta tradición ata os nosos días pasaron varios séculos, pero a forma de traballar esta pedra mineraloide mantense intacta. É precisamente a dureza do acibeche o que lle outorga o seu trazo principal, posto que poucas pezas aplicables ao mundo da xoiería son tan resistentes e duradeiras como o é este característico material.
Sobre nós
No taller de Fink empregamos os tratamentos máis innovadores no proceso de fabricación de xoiería apostando sempre pola tradición adquirida nalgúns dos talleres máis antigos de Santiago de Compostela. Neles aprendemos como utilizar materiais e técnicas centenarias que se atopan en risco de desaparecer.
Por iso, todo o equipo que compón Fink Orfebres esfórzase por manter vivo o marabilloso oficio da ourivaría, desenvolvendo e comercializando este tipo de xoias centenarias. Aplicamos a tecnoloxía máis avanzada e o saber facer ancestral para ofrecer ao mercado pezas únicas, realizadas a man polos nosos mestres artesáns.
Vangardista
As liñas máis vangardistas do deseño de xoias ocupan un lugar destacado en Fink Orfebres. Proporcionando un xiro aos bosquexos máis clásicos conseguimos chegar aos clientes menos tradicionais. Damos formas e acabados ás pezas que son capaces de engarzar materiais máis frecuentes con outros máis exclusivos.
A prata e o acibeche son signo de identidade da marca Fink Orfebres, sen esquecer o ouro e o esmalte ao lume. A investigación e o traballo tenaz dos profesionais que traballan no noso taller levounos a explorar con materiais como o caucho ou a seda e con acabados de baños de rodio e ouro, entre outros..
Pero o emprego destes materiais non serviría de nada sen o arduo e detallado proceso de fabricación de cada peza. Seguindo un exhaustivo control de calidade, cada xoia das coleccións de Fink Orfebres elaborada por mans expertas que a traballan con seguridade e mimo, o que garante as excelentes condicións nas que as pezas chegan aos puntos de venda..