Xoiería tradicional e de vangarda

Fink Orfebres é un taller de xoiería especializado no deseño, elaboración e comercialización de xoias de prata. Desde os nosos inicios, en 1993, dedicámonos á creación de xoias seguindo os pasos de mestres ourives que traballaban na capital galega. Tomamos como referencia o traballo artesanal en prata e acibeche, deseñando a man pezas únicas con acabados de altísima calidade.

En Fink diferenciámonos pola versatilidade: elaboramos desde pezas de xoiería máis tradicional ata novas coleccións máis vangardistas. Grazas ás infinitas posibilidades que ofrece a prata, o acibeche e ao excelente traballo de deseñadores e mestres ourives cos que contamos no taller, podemos lanzar novas propostas de xoias que se adaptan a todo tipo de muller.



Pezas elaboradas artesanalmente

Dende que se abriu o noso taller en Santiago de Compostela especializámonos no traballo artesanal con prata, acibeche, esmalte ao lume, dando lugar a combinacións elegantes, sofisticadas e exclusivas. A elaboración de cada peza realízase de maneira artesanal. A variedade de acabados e texturas achegan a cada xoia un carácter que a fai única..

As xoias de Fink Orfebres están presentes tanto no mercado nacional como en distintos puntos de venda de Europa, xa que as pezas de tradición e vangarda das nosas marcas, son valoradas e apreciadas tanto dentro como fóra de Galicia..