-un legado que transcende o tempo-
Símbolo de identidade e protección, estas xoias acompañaron ás mulleres galegas durante séculos. Elaboradas en prata de lei e chapadas en ouro, a súa esencia segue viva en cada detalle.
Esta é unha colección certificada por Galicia Calidade.
Elaborada en prata de lei 925. Disponible tamén en versión chapada en ouro.
Garantía de 3 anos. (Resposta servizo postventa en menos de 15 días: clientes@fink-orfebres.com)
XOIAS CON SIGNIFICADO
As "ARRACADAS"
Desde hai séculos, as mulleres galegas luciron arracadas como símbolo de protección, identidade e beleza. As Xoias de Fonsagrada transcenderon xeracións, pasando de nais a fillas, testemuñas das súas vidas e gardiás do seu profundo significado.
“Hoxe, esta peza ancestral renace nunha xoia atemporal, creada coa mestría da ourivería tradicional compostelá.”
GALERÍA
Explora as opcións desta colección. Fai clic sobre a imaxe para vela a tamaño completo.
VER A COLECCIÓN COMPLETA
Dispoñible en prata de lei e na súa versión chapada en ouro, cada peza mantén vivo un legado que segue a brillar no tempo. Aquí podes ver unha mostra das opcións que permite esta colección: ata 6 tamaños de colgante e pendente.